el que busca siempre encuentra

martes, 24 de octubre de 2017

Inktober # 23 · Pasatempo · parella de escarabellos (2017)


   O Pasatempo garda grande xoias nas que ninguén repara. Hai unha fonte preciosa, cunha Medusa atrapada en pedra, maldita vinganza poética.

   Baixo desa cabeza cortada hai dúas parellas de escarabellos. Que nos queren dicir?, o  Pasatempo é misterio, é non saber nada, como nunha puta peli de Lynch pero sen longas carreteras escuras.


   Adicado a tódalas parellas, a todos os insectos, a todos os que se arrastran e a todos os que comen merda. A todas esas conversas que se van coa choiva.

   Bicos xentiña.

domingo, 22 de octubre de 2017

Inktober # 22 · Pasatempo · a Casa dos Espellos (2017)


   A Casa dos Espellos é unha das dúas edificacións que estaban na primeira zona do Pasatempo. Os espello devolvíante diferente imaxes de ti mesmo, ti mesmo vería dun modo diferente cada uns deses reflexos. Que mellor forma de analizarse a un mesmo, de reflexionar, de meditar, que observarse con diferentes lentes.

   Adícolle esta ilustración a dous compañeiros da futura revista da Asociación de Amigas/os do Pasatempo que se chamará A Casa dos Espellos. Edu e Adrián, marqués e sobrinísimo, un placer. Ós demáis xa lle adiquei outra ilustración, non querades acaparar.

viernes, 20 de octubre de 2017

Inktober # 20 · Pasatempo · vehículo antropomórfico do Estanque do Retiro (2017)


   Sobre do Pasatempo dinse varias tonterías. Unha delas é que no corredor perimetral do estanque do retiro hay medios de transporte da época de Juan García Naveira. Vaiamos máis aló, á súa época, á época de Julio verne, á época do comezo do cine de Méliès e vexamos con ollos fantásticos os dous vehículos que están na cara leste co estanque. Sun vehículos de catro rodas propulsados a pedais por un único piloto. Recórdannos ós mascaróns de proa que encheron ós barcos a partir do século XVIII. O temón suxeito entre as mans da "muller" non fai máis que apuntar na dirección doa orixe naval deste elemento.

   Supoño que o traxe da muller é propio da época, iso me parece. Isto faime adicarlle esta ilustración a unha especialista na área de indumentaria "viejuna", Sara, unha das historiadoras da Asociación de Amigas/os do Pasatempo .

jueves, 19 de octubre de 2017

Inktober # 19 · Pasatempo · fonte da Illa do Estanque do Retiro (2017)


   Na illa que ocupa o centro do Estanque do Retiro contabilízanse máis de dez fontes. Unha delas é a do debuxo, en partes pouco definidas e outras algo inventadas, xa que por desgracia desapaerceu parte da fonte e as fotografías antigas non nos mostran tódolos seus detalles. Agardo que vos guste.

   Adicado a Dani Lucas que investigando, investigando aportou unha imaxe clave que me permitiu facer esta ilustración. Paz e Pasatempo compañeiro.

miércoles, 18 de octubre de 2017

Inktober # 18 · Pasatempo · Pabillón (2017)



   O Pabillón era a construcción de maior altura do Pasatempo. Era a maneria de acceder á parte alta do parque, a aterrazada, a que se conserva a día de hoxe. Subías por dentro ata a segunda planta e, a través dunha rampa, pasabas por riba do camiño das Cascas.

   Meu modo de acceder e coñecer o parque foi miña amiga Mónica, a ela vai adicada esta ilustración e mil cousas máis, metíchesme o demo.

martes, 17 de octubre de 2017

Inktober # 17 · Pasatempo · canoa e indíxenas (2017)


   En torno á illa do Estanque do Retiro hai catro embarcacións, apenas queda nada da canoa e dos dous indíxenas. Valga este humilde debuxo para recordar como foi, para que coñezades mellor ó parque do Pasatempo.