La vida es una constante búsqueda... y a ti te encontré en la calle.

sábado, 18 de agosto de 2018

Poster para "Viaxe improvisada · 1910 · A Romería dos Americanos" 2018

   De novo tiven a oportunidade de facer un traballo para a Asociación de Amigas do Parque Pasatempo da que formo parte. Tentei manter en certo modo a liña dos carteis anteriores, sendo en certa medida este traballo unha revisión dun deses traballos e doutras dúas ilustracións que realicei en torno á mesma temática, o Pasatempo.

Versión proporcións dos formatos dinA


   Aquí vemos os dous traballos que tomei como puntos de partida, unha caricatura de Don Juan  e unha ilustración na que xogaba coa idea de temporalidade dun xeito fantasioso para ilustrar un relato sobre o parque.


   A idea do cartel é moi sinxela, Don Juan (cun aspecto que non concorda co que tería en 1910, erro consciente), mira o seu reloxo, neste as agullas marcan a mesma hora que a esfera, a única na que non aparece o nome dunha cidade, e si unha data, 1910, ano que a través de xogos, música e vestimentas tentaremos rememorar. Xamáis atopei fotografías que me fixeran saber que cidade saía nesta esfera e por iso xogo con esa incógnita ao debuxar este rincón do Pasatempo, meu lado toc impídeme inventarme un nome. A sorpresa ao ver a hora, fai que Juan se balancee cara adiantee e que o seu sombreiro saia disparado para arriba. Un pouco de humor absurdo e moi físico do que ben podería verse nas películas de cine mudo da época.
   Para numerosos detalles sobre os textos elexidos, tipografías, ou da propia ilustración, as texturas do fondo... Tiven a axuda de varias/os compañeiras/os da asociación.

   Nomear para rematar ás influencias que tentei ter presente. Se ben decía ao comezo que mantiven en certo modo o estilo dos traballos anteriores, por tratarse este evento dunha festa de máis peso e ambición que todo o realizado anteriormente, quixen aportar certos cambios, ampliei a paleta de cores, fixen algo menos realista e empreguei traballos de autores que admiro para darlle un aire novo e diferente ao do meu estilo. Estes autores son:
O irlandés Steve Simpson
O chileno Urzua
E alguén que xa me ten influenciado de atrás e de quen observo e aprendo a miúdo, a galega Xoana Almar (Cestola na Cachola)

Versión para o instagram.

No hay comentarios:

Publicar un comentario